Resumo (PT):
Analizar a gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, é aplicar un marco de estudo e de investigación novidoso a unha tamén nova e emerxente realidade administrativa (e se cadra no futuro, política). Pero a este desafío hai que engadirlle unha variable igualmente salientable que aparecerá refl ectida no texto ao longo dos seus diferentes apartados: a necesaria visión multidisciplinar que demanda o paradigma da gobernanza. No noso caso asumimos o compromiso de aportar algunha luz ao problema da gobernanza eurorrexional dende
a Ciencia Política e da Administración e dende a Xeografía e a Ordenación do Territorio. En consecuencia, é por iso que o reto que se nos plantexa aos profesores
das Universidades de Vigo e Porto implica unha tripla vertente en torno a estes tres elementos: paradigma científi co, multidisciplinariedade e realidades
político-administrativas en España-Galicia e Portugal-Norte de Portugal.
Language:
Spanish
Type (Professor's evaluation):
Scientific
Contact:
http://www.eixoatlantico.com/_eixo_2009/subido/comisiones/modernizacion_admon/publicaciones/3_gobern
No. of pages:
216
ISBN:
xxx-xxxxx-x-x